Illas
Cabanas
Dolmen
ACHÉGATE A NATUREZA DE GALICIA
Benvido a Cabanas de Vendaval
Benvidos a Cabanas de Vendaval, un complexo hoteleiro situado nun punto clave da Costa da Morte como é Malpica, o inicio ou a fin desta zona, coñecida pola beleza da súa paisaxe, pero, tamén, pola forza do seu mar e vento que en tantos naufraxios derivaron.
Concretamente, as Cabanas de Vendaval sitúanse na parroquia de Barizo, territorio que mestura agricultura con pesca, e que como eclosión ten unha exquisita gastronomía.
Cinco amplas cabanas á beira do mar compoñen este singular aloxamento, pioneiro na localidade, que ten moito que ofrecer tanto pola súa estrutura como pola súa localización. Aquí poderás contemplar a posta de sol mentres te das o último baño na piscina ou gozar da bañeira hidromasaxe cunha vista privilexiada ás estrelas. Tamén dispón dun extenso xardín con parque infantil, hamacas e zona de grellada, e dun aparcamento cos servizos que as caravanas requiren, que farán a túa estancia máis cómoda. Unha recepción con carta de degustación de produtos característicos do municipio e almorzo baixo previo pedido, unha tenda, unha zona de lavandería e outros servizos completan a estancia.
UN XEITO DE VIDA SINXELO
Cabanas
disfruta da natureza