Cabeceira sobre nos
Entry-header image

Sobre nós

OFRECEMOS UN SERVIZO DISTINTO

Disfruta da tua estancia

Cabanas de Vendaval xurde no ventre dunha familia mariñeira na que houbo carpinteiros de ribeira, percebeiros, mariñeiros, atadoras e recolledoras de golfe. Deste xeito, busca seguir coa tradición familiar, dándolle unha volta de porca.

É un proxecto no que se leva traballando dende hai dous anos e que ve a luz no 2020 coa intención de ofrecer un servizo distinto, singular pero á vez moi completo, que poida satisfacer todas as necesidades que un hóspede que quere gozar da natureza sendo libre de horarios pode ter.